• Plan de ASC

A prisión é parte da comunidade


O xoves 8 de novembro reunímonos coas asociación do concello de Monterroso para presentarlles o Plan de Animación Sociocultural que desenvolvemos na cadea. Estamos moi agradecidas polo elevado nivel de participación, xa que asistiu a Sociedade Deportiva de Monterroso, 25 Xastres, Entropía Folk, a Coral, Falcatrueiros, así como a propia corporación municipal, coa que xa nos reuníramos en anteriores ocasións.

Abordamos a necesidade de entender a prisión como un espazo máis da comunidade, ao que levar a nosa oferta cultural. Así, todas as asociacións coincidiron en que poderían ir ao centro penal a facer actuacións, obradoiros puntuais, mostras, a xogar partidos de fútbol, etc.

Resultaba un pouco máis complicado pensar nunha oferta estable no tempo, xa que a maioría das asociacións funcionan con monitoras/es contratados que dinamizan a entidade. Aínda así xurdiron propostas estables ben interesantes, como a posibilidade de facer un Club de lectura ou un grupo de teatro.

Tamén o Concello ofreceu actividades da súa oferta cultural e deportiva, como son as clases de ioga, zumba ou guitarra.

O clima foi de interese por tecer pontes entre a prisión, o Concello e as entidades do concello.

Iniciativa de:

Financia / Colabora:

logodefinitivo_horizontal-07_edited.png

Convocatoria de interculturalidad y acción social

2013, 2015, 2017

Contacto:

Teléfono: 982 251 948

Asociación Aliad Ultreia. Rúa Milagrosa, 99-101. CP. 27003, Lugo