• Plan de ASC

É tempo de reunións

A nova #ConvocatoriaslaCaixa está próxima, e este é o momento de planificar, dende o encontro e a escoita das diferentes voces, resultantes dos distintos procesos e iniciativas que se impulsaron na etapa anterior.

Xa son varios os encontros. O 14 de xaneiro reunímonos Aliad e o Grupo SEPA, para establecer as novas propostas de continuidade; o 16 de xaneiro Aliad e a asociación Melisa, para proxectar a continuidade da radio comunitaria; e o 4 de abril reunímonos no Centro Penal de Monterroso a equipa directiva do centro, o Grupo SEPA, Aliad e Melisa, para achegar propostas, aproximar posturas e tomar acordos. Nomes de asociación que levan tamén nomes de persoas: Paula, Jorge, Carmen, Jandro, Antonio, Elvira, María…

Foron diálogos propositivos que se sustentaron na perspectiva de:


Continuidade

Entender o Plan de Animación Sociocultural como un proceso que, dende a investigación-acción-participativa inicial, buscou consolidar a animación sociocultural como estratexia metodolóxica de desenvolvemento comunitario que promove a mellora da convivencia, incrementa as posibilidades de participación e abre a prisión á comunidade, potenciando a función educativa que debe cumprir a prisión.


Consolidar

Búscase dotar ao centro de recursos e dinámicas estables, fortalecer o que xa está en marcha, dende unha perspectiva dinámica que acompaña a evolución das diferentes iniciativas e busca a mellora das condicións nas que se desenvolven.


Comunidade e traballo en rede

Ao longo deste percorrido foron moitas as persoas e colectivos que colaboraron no Plan de ASC. É idea desta nova fase implicalas de forma estable, que pasen a formar parte dende o inicio da proposta do Plan de ASC como entidades colaboradoras.


Dar resposta a novas necesidades detectadas

Todo proceso participativo é un proceso de aprendizaxe, de reflexión sobre a propia acción. Esta mirada permítenos identificar necesidades que non eran atendidas noutras fases, pero que se consideran de especial relevancia ante o reto de fortalecer a perspectiva educativa da prisión.


Son estas as primeiras doutras moitas reunión, que nos permitirán definir unha proposta integral e integradora.




Iniciativa de:

Financia / Colabora:

logodefinitivo_horizontal-07_edited.png

Convocatoria de interculturalidad y acción social

2013, 2015, 2017

Contacto:

Teléfono: 982 251 948

Asociación Aliad Ultreia. Rúa Milagrosa, 99-101. CP. 27003, Lugo